Sunday 28 de April de 2024

Miñones asegura en Boiro que “o goberno de Pedro Sánchez é o máis galego d historia” e destaca os investimentos no Barbanza


–O ministro de Sanidade e candidato ao Congreso pola provincia da Coruña estivo hoxe en Boiro para poñer en valor os investimentos do Goberno de Pedro Sánchez

–Miñones advertiu que “a subida das pensións está en risco”, xa que “Feijóo e Abascal non a apoiaron e tampouco a apoian cara o futuro”

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña, José Miñones, estivo hoxe en Boiro para reivindicar os investimentos realizados polo Goberno de Pedro Sánchez na vila, así como na comarca do Barbanza, na provincia e en Galicia en xeral. Xunto a el estiveron tamén o alcalde do municipio, José Ramón Romero, e o secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández.
O tamén ministro de Sanidade defendeu que o de Pedro Sánchez é “o goberno máis galego da historia”. “Temos bos exemplos disto aquí no Barbanza, como por exemplo esa comisaría da Policía Nacional que levaba tantos anos bloqueada, ou esa bonificación da AP-9 que tanto desfrutan os veciños e veciñas da comarca”, sinalou.
O candidato socialista reivindicou tamén os investimentos feitos “aquí en Boiro, en turismo, en eficiencia enerxética, en instalacións deportivas, que van seguir no futuro”. E engadiu que “este goberno volve apostar por Boiro cun investimento de máis de 1.600.000 euros para a renovación da Casa da Cultura da man do Concello”.
“Se non fose por este goberno socialista, Boiro non tería 5 millóns, a comarca non tería 21 millóns e medio, a provincia non tería 3600 millóns, e Galicia non tería 35.000 millóns de euros en investimentos”, enumerou Miñones.
O socialista quixo falar tamén da subida das pensións posta en práctica polo Goberno central. “Un de cada catro galegos é pensionista, e a subida que fixemos de 1.100 euros de media das pensións recoñece o seu traballo, pero é unha subida que esta en risco”, advertiu.
“Feijóo e Abascal non apoian esta subida e tampouco a apoian cara o futuro”, criticou Miñones. O ministro afirmou que “isto o 23 de xulllo está en perigo, e o único partido que garante seguir avanzando nesta liña é o socialista”.